venres, 12 de abril de 2019

Día da paz e da non violencia 2019


Para celebrarmos o día na Paz e da non violencia, de maneira contextualizada e adaptada á idade dos nenos/as da escola, pedímoslles ás familias que decorasen unha pinga de auga e que escribisen aspectos sobre a Paz. Cada familia fixo a pinga como máis gustou e os máis pequenos gozaron compartindo eses momentos en familia. Fomentando de este xeito a participación das familias na escola e aproveitando así a multiculturalidade da escola, xa que as familias doutros países deixaron a súa pegada con mensaxes noutros idiomas.



Con esas pequenas pingas creamos o noso ceo da paz, xa que na escola CHOVEN DESEXOS DE PAZ!!!!!. Nas aulas pintamos e decoramos unhas nubes de onde caian as nosas pingas, as que fomos ir pegar todos xuntos.



E como non, pasar polo corredor e poder ollar e ensinar a todos as súas pequenas producións é algo que lles gusta moito e mellora o seu concepto e autoestima, porque É ALGO FEITO POR ELES !!! (malia que con una pequeniña axuda das familias).






   



       












Ningún comentario:

Publicar un comentario