venres, 12 de abril de 2019

Saída á pista municipal

Aproveitando o bo tempo, nos nenos e nenas máis maiores, os das clases das lúas e das estrelas, fomos á pista que está moi preto da escola. Como sabemos á apertura ó entorno nesta primeira infancia é fundamental e moi enriquecedora para eles. Por iso na escola cada vez que puidemos saimos o entorno próximo, sobre todo nas estacións da primavera e o verán, xa que o tempo non sempre é como quixeramos.

Collemos a parva de media mañá, auga para beber e nos dispuxemos a saír, alí xogamos con materiais de psicomotricidade e tamén xogamos libremente. Finalmente, fomos ó parque da alameda a xogar, pero non estivemos moito xa que comezou a poallar e tivemos que fuxir correndo para a escola, antes de que caese unha treboada.











Ningún comentario:

Publicar un comentario