mércores, 27 de abril de 2016

XOGO ORGANIZADO, XOGO ESPONTÁNEO.


Dende a clase das Estrelas ademais de participar en tódalas actividades e festas da nosa escola estamos avanzando nas rutinas de dinámica diaria. Somos un grupo xa definido e recoñecido por todos os seus membros.  Para facilitar a atención ás actividades propostas combinamos sempre tarefas grupais e máis estruturadas, con outras individuais e de xogo libre. Todas teñen o seu interese. Hai que recordar que estos nenos están a descubrir o entorno "enteiro" ...
A curiosidade innata garante, en principio, certo interese polo menos por observar os xogos ou actividades que se presentan. 

     
Esta actividade espontanea entre os dous amigos 
resultou moi productiva, 
apilaron, repartiron,,....
 ... manipularon obxetos pesados, situaronse diante e detrás,....
todo eles soliños sin moito barullo.


Ata que descubren que están sendo observados pola cámara.


 A cociña é un punto de intercambio social,
 ainda que a veces xogan xuntos compartindo espacio pero non xogo.

Copian os xogos dos outros cando lles parecen divertidos

A  concentración é precisa para explorar as posibilidades dos xoguetes.

Como actividade organizada e estructurada podemos amosar  a realización das “bolsas de estimulación sensorial”, Con xel de baño, colorante alimentario e unhas bolsas de conxelar alimentos elaboramos este xoguete que permite estimular á vez a vista e o tacto. A vista porque teñen diferentes cores, e o tacto porque perciben a temperatura fría e a textura viscosa  do xel.


O máis divertido e mezclar e remenxer os ingredientes.

O resultado: as bolsiñas de cores!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario