xoves, 7 de abril de 2016

ANIMALIÑOS DE PASCUA

Chega a Pascua e non íamos deixar @s nos@s pequen@s sen o seu agasallo. Esta vez ocurríusenos facer uns "cake pops" de oreo. Nas fechas en que estamos non pode faltar o chocolate!!!.
Os ingredientes que precisamos son:
  1 paquete de galletas oreo
  2 magdalenas
  1 cucharada queixo crema
  Palillos finos de madera
  Fondant branco
  Chocolate negro para fundir
  Chocolatec branco

Unha vez que lles presentamos os ingredientes pasamos a elaboración do noso postre de Pascua.
Desmeduzamos as magdalenas nun bol. No cubilete da batidora partimos as galletas e a continuación picámolas. Mezclamos as galletas coas magdalenas e engadimos unha cucharada sopera de queixo crema. Mezclamos ben ata conseguir unha masa consistente.






Conseguida a masa, collemos un anaco e moldeamos unha bola.




Derretemos o chocolate negro no microondas. Collemos un paliño fino de madeira, pintámolo no chocolate e cravámosllo as boliñas. Unha vez cravadas tódalas boliñas reservámolas na nevera como mínimo 15 min.


Collemos o fondant branco e moldeamos unhas orellas, cando teñamos un par de orellas para cada bola,  metémolas na nevera para que endurezcan.
Derretimos máis chocolate negro no microondas e bañamo-las boliñas unha vez que estén duras. Cando acabemos de bañalas no chocolate, colocámoslles as orellas e volvemos a metelas na nevera uns 20 min. para que o chocolate endurezca e as orellas queden pegadas.



Agora derretemos o chocolate branco. Coa axuda dun pincel fino pintamos unha cara na bola, e de novo a nevera.
Unha vez duro,  puxémoslles un lazo para que quedase máis atractivo, e empaquetámolas en papel celofán para que cada un a puidese levar para a súa casa.
E foron alá todos content@s co seu agasallo !!!





Ningún comentario:

Publicar un comentario