mércores, 27 de abril de 2016

FESTA BISESTA


Como este ano 2016 é bisesto, o  mes de febreiro  regalounos un día. Un dia no que fixemos unha festa, a “festa bisesta”, a festa do SOL, con moita cor amarela, moito papel e pintura e moitos soles; un por cada clase. Nas “Estrelas” tamén tivemos  celebración con baile e cancións.
O sol que fixeron estes nenos agora está colgado na clase. Quedou tan feitiño que fixo que nun pis-pas xa estemos en  ABRILLLL!!!! , EN PLENA PRIMAVERA.
E pintaron ata que o papel estivo todo amarelo

Logo prepararon o recheo...,

...moitas bolas de papel de periódico.
 Xa están casi listos e algúns soles xa alumean.

Ningún comentario:

Publicar un comentario