martes, 3 de maio de 2022

DÍA DO LIBRO '22

Ola familias! De novo por este blog da EIM de Meaño para contarvos novas experiencias. Levamos consumidos dous trimestres, e neste último xa se comenza a ver un avance e maduración importante no alumnado. Encaramos o último trimestre  deste curso que se nos vai animando cada vez máis e adiantándonos un día celebramos o DÍA DO LIBRO, o venres 22 de abril. Como xa sabedes, os nosos rapaces adoran os contos!!! Unha actividade común uneu a diversas clases, e aproveitando o inicio desta primavera, elaboramos nas aulas un marcapáxinas. Ademais, tivemos unha sesión de contacontos moi especial e divertida. Foi un momento moi entretenido xa que puidemos ser "indios" e atá nos maquillamos, puidendo desfrutar todos xuntos deste fermoso día. Queredes ver o que fixemos?? 

Lembrade: “Un neno que lee, será no futuro un adulto que pense”.

























Un saúdo, e ata novas experiencias.

Ningún comentario:

Publicar un comentario