martes, 15 de marzo de 2022

Madamas e galáns- Entroido 2022

Nestos días, a Escola Infantil énchese de cor, de música e grandes doses de maxia. Aspectos que buscan conseguir unha atmosfera especial que transporte ós alumnxs a un mundo onde se poida chegar a ser todo aquilo que queiras. Durante unha semaniña, a Escola visteuse de cores e alegría, todos os nenxs disfrutaron de luns a venres de actividades relacionadas coas festas de🎭ENTROIDO🎭, tan divertidas e que tanto lles gustan. 

Comezamos a semana disfrazando as nosas cabecillas, o martes mandil orixinal, o mércores algo no pescozo, o xoves disfrazámo-nos co noso disfrace preferido e o venres todos,  desde os máis pequenos ata os máis maiores e súas mestras, disfrazámonos de MADAMAS E GALÁNS, cos nosos coiares de cores, o chaleco repleto de lazos e os gorros tan fermosos e coloridos con moreas de flores. Como vedes, seguimos neste ano coa temática do Entroido tradicional, xa que o ano pasado fomos de peliqueiros e este do disfrace típico galego de madamas e galáns (Vilaboa).

Ademais, e como novidade tras a pandemia, o venres as nenas e nenos maiores que pasan ó segundo ciclo de Educación Infantil o ano que ven, saíron de desfile ata a alameda. Mais, nese espazo estaban ás familias que foron quen de velos e retratar o momento, coma unha experiencia para o recordo. Á volta, aínda que con bastantes choros, bailamos e comemos doces típicos do Entroido, e como en Galicia somos expertos en facer boas festas e boa comida, na Escola non íamos ser menos. 

Velaquí vós deixamos algunhas fotiños desta data tan especial, que tanto os cativxs como as mestras, agardamos con ilusión cada ano.... Que nos deparará o vindeiro Entroido? Seguro que como cada ano, máis e mellor!

🌟🌟AULA DAS ESTRELAS🌟🌟











☁☁AULA DAS NUBES☁☁





🌛🌜AULA DAS LÚAS🌛🌜

ALGO NA CABEZA


ALGO NO PESCOZO

MANDIL ORIXINAL

DISFRAZÁMONOS NA AULA

MADAMAS E GALÁNS

Ningún comentario:

Publicar un comentario