xoves, 10 de marzo de 2022

Entroido na aula dos bebés?

É posible celebrar o Entroido na aula dos bebés?

Esta foi a pregunta de partida e o que nós pretendemos  facer é un achegamento ao Entroido respetuoso cos pequeniños e pequeniñas. A primeira premisa é respectar as rutinas diarias de cada pequeno/a que lle aportan seguridade e tranquilidade e partindo de ahí, ofrecerlles materiais para a exploración nun ambiente de ledicia.

Para eles os disfraces non teñen significado, aínda non saben  "xogar a ser", os disfraces son "roupas" como outras calqueras que lles visten as súas familias cada día e os complementos dos disfraces son elementos de xogo  a descubrir.

Dende o respecto, conseguimos que estes días fosen diferentes e especiais, xa que na Escola, o ambiente era festivo e alegre.

Compartimos estas fotografías destes días de Entroido con todos vos:

A Ari non lle gustou nadiña o disfrace!






NOn quería disfrazarse de cociñeiro!


A Rodrigo non lle disgusta nada levar o sombreiro de Galán!


Julia está moi entretida cos botóns do seu mandil!

Ningún comentario:

Publicar un comentario