mércores, 6 de marzo de 2019

Os peixes

Esta vez tocoúlles ó pai e a nai de Hugo, Fabi e Eva. Como o pai traballa vendendo peixe pois, explicáronnos cousiñas de peixes. Primeiro fixeron un mural en onde nos explicaban as partes dos peixes.


Nese mural tamén nos explicaron como saen os barcos a pescar , como pasa o peixe pola lonxa e é alí onde os peixeir@s teñen que comprar o peixe para levalo a vender as peixarías.

Ensináronnos varias clases de peixes: cabala, pescada, pinto, xurelo,.........


Cando remataron coa explicación trouxeron un conto para ler " EL PEZ ARCOIRIS", un conto moi apropiado para esta idade, trata sobre o valor da amizade, compartir..........



Para remate final trouxéronnos unha sorpresa, unhas lambetadas de chocolate en forma de sardiña, que ricas nos souberon, uummmmm!!!!

Grazas por todo, nós pasámolo moi ben!!!!!!


Ningún comentario:

Publicar un comentario