venres, 22 de marzo de 2019

Máis papel!!!!!!

A seguinte en participar neste proxecto das familias foi a nai de SHAILA, Tania, que tamén veu coa irmá de Shaila que se chama Mayra. Para introducirse c@s nen@s primeiro, Tania con Shaila, leulles o conto do Polo Pepe, na aula de psicomotricidade.


Cando remataron foron para a nosa aula, a das lúas, e alí tiñan todo un obradoiro de papel onde eles e elas podían deixar voar a súa imaxinación e facer o que quixeran có que alí estaba montado. Unha piscina de papel triturado, rolos de papel hixiénico que estaba pendurado para tirar por el, caixas de panos de papel para baleira-los, un corredor con papel de burbullas ,forro para notar a texturas.......


Logo de tanta diversión toca recoller, e tal  e como deixamos a aula tocounos barrer.



E a nai de Shaila foi tan atenta que nos trouxo unha lambetada para despois da parva, moitas grazas!!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario