venres, 28 de decembro de 2018

NADAL 2018

Todos os anos dende a escola infantil municipal de Meaño intentamos involucrar ás familias e facelas participes en todo o relacionado có centro, neste caso coa celebración do Nadal. Este ano encargámoslles unha actividade para faceren en familia e deixar voar a imaxinación: decorar o nome do seu fillo/a como quixeran, para construir a Nosa arbóre de nadal.





Logo fixemos unhs regaliños cós cativos: unha postal que enviaron os maiores do colexio a Correos e un pequeno adorniño para as familias, feitos con moitísimo agarimo.



 
E como xa é tradición, Papá Noel visitou cada unha das aulas, deixándonos uns pequenos agasallos; pero non todos os cativos o recibiron cos brazos abertos, senón que algúns deles choraron e asustaron por mor daquel home tan estraño que nos visitou na escola.
 
 
 

Isto tan só é un bocadiño de todo o que aconteceu nesta marabillosa data de Nadal, por todo o demais, desde a Escola Infantil, DESEXÁMOSVOS UNHAS FELICES FESTA E UN PRÓSPERO ANO!

Ningún comentario:

Publicar un comentario