luns, 3 de decembro de 2018

Magosto

        En Novembro é tradición comer as castañas na festa do magosto. Na Escola celebramos o noso o venres 16 de Novembro.  Antes de sair ó patio a comer castañas  experimentamos na clase con elas, metémolas en botes, trasvasamolas, xogamos a encestalas, a tiralas,..As 12 da mañan xa cheiraba  a castañas asadas no patio. Saimos os nenos maiores. Había sol, castañas, música e ganas de festa. Os familiares que puideron acompañáronnos a comer castañas
Gústanos moito cantar e bailar e esta que vai a continuación é unha das cancións que nos acompañou na festa. Preme na ligazón par escoitala
Magosto,magosto
     
Na clase estivemos preparando o cartel para a festa

Pintamos unha señora castaña ben grande para ambientar o msgosto

Agachamos castañas dentro dos botes

Era difícil desenroscar a tapa para ver as catañas

Saímos ó patio co cesto que fixemos antes para levar as castañas
Custou moito  estonar as castañas para comer

Preparamonos para bailar 


Foi unha experiencia agradable  tanto para os nenos como para os adultos.


Ningún comentario:

Publicar un comentario