venres, 27 de abril de 2018

PANADEIROS POR UN DÍA!!!!

Onte foi un día especial, convidados pola Panadería Viñas de Dena, fomos facer pan.
Cada saída é unha experiencia única e para os pequenos e pequenas, esta concretamente facíalles moita ilusión. Xa fixeramos pan na escola, pero ir ata a panadería e amasar e coce-lo pan naquel forno tan grande, coa axuda dunhas panadeiras profesionais, que estaban encantadas de recibirnos, é outra cousa.

Saímos da escola e fomos camiñando ata a panadería, estábamos moi contentos porque gústanos moito facer excursións e saídas.
Cando chegamos á panadería xa nos estaban esperando. Fabiola e Maria tiñan todo preparado para que puideramos desfrutar amasando.
Colocaran uns tablóns a modo de mesa a nosa altura e comezou a experiencia.
Logo de enfariñarnos e amasar, Fabiola axudounos a darlle forma aos boliños para metelos no forno.
Mentres esperabamos a que cocese o pan, convidaronnos a pan recen feito e nos cantámoslles cancións e ata bailamos en roda.






Cando os boliños estiveron listos, metéronos nunhas bolsiñas de papel e cada un levou o seu "pan" para casa.




Xa de volta, paramos a xogar no parque e a merendar.



Fabiola quixo ter un recordo da nosa visita e así posou connosco para a foto: Grazas Fabiola e María, Grazas Panadería Viñas


Ningún comentario:

Publicar un comentario