xoves, 12 de abril de 2018

A colaboración dos cativos en pequenas tarefas na casa

Como se comentou na charla do segundo trimestre, é importante ofrecerlles pequenos retos e tarefas axeitadas a súa idade no seo do fogar para mellorar a súa autoestima, sentirse máis capaces e sobre todo para crecer emocionalmente de xeito positivo.

Segundo varias investigacións científicas colaborar na casa fomenta a responsabilidade, o esforzo, a autonomía e a competencia para aprender a aprender. E por iso, que como modelos para os nenos/as, as familias deben deixarlles tempo e proporcionarlles  retos en actividades cotiás sinxelas dende ben pequenos para un desenvolvemento integral dos fillos/as ó longo das súas vidas.

A continuación, deixámosvos unha táboa de tarefas domésticas en relación a idade aproximada do neno/a (seguindo as aportacións da pedagoga María Montessori):

Ningún comentario:

Publicar un comentario