luns, 21 de novembro de 2016

PROXECTO COMÚN: ÁRBORE DE NADAL

Ola familias:

Achéganse as datas de Nadal, e o noso proxecto común é elaborar entre todos, familia, pequenos e educadoras da escola unha gran árbore de nadal.

Este ano pensamos en reciclar obxectos que temos polas casas e aos que xa non lles damos uso. Queremos construir unha grande árbore de Nadal con CDs vellos, inservibles, que decoraremos para a ocasión. Polo que, cada familia deberá aportar ao proxecto un CD (polo menos, poden ser tantos como queirades!!!) DECORADO PARA FORMAR PARTE DESA GRANDE ÁRBORE.

Deixade voar a IMAXINACIÓN!!!

IMPORTANTE: O PRAZO MÁXIMO PARA ENTREGA-LOS CDs DECORADOS É O VENRES 2 DE DECEMBRO.


Coma sempre, grazas pola colaboración

Ningún comentario:

Publicar un comentario