Durante o mes de novembro estivemos avanzando no noso ritmo de experiencias. Para celebrar o Samaín ambientamos a nosa clase con pantasmas , xogamos a pequenos sustos, disfrazámonos con sábanas e vaciamos unhas cabazas para decorar a nosa exposición de OUTONO
 |
| Comezamos a tarefa moi concentrados. Vaciamos a cabaza cunha culler. |
 |
| Foi preciso maña e forza para sacar pulpa e pipas. |
 |
| Ollos , nariz e boca contenta foi o que decidimos para a cabaza amarela. Era casi máis divertido volver a introducir os cachiños polo burato dos ollos. |
 |
| A cabaza laranxa era máis grande!!! |
 |
| Esta cabaza xa veu preparada da casa |
 |
| Continuamos a observar como queda o interior. |
 |
| A cabaza amarela recibiu un bocado para comprobar a que sabe. |
Para observar directamente as características do Outono programamos unha saída ó bosque pero a choiva non permitiu esta excursión . Só se salvaron os nenos da tarde. Con eles disfrutamos dun paseo moi ameno
 |
| Recollemos follas secas |
 |
| Escoitamos o son que producen as follas ó andar por riba delas |
 |
| Tomámonos o noso tempo.
E logo paramos un pouquiño no parque |
Ningún comentario:
Publicar un comentario