luns, 21 de marzo de 2016

PANADEIROS POR UN DÍA

Estamos traballando o coñecemento da rúa, cos seus sinais, os seus comercios.....
Con esta saída pretendemos potenciar o interese por coñecer o pobo onde viven , ou se moven asíduamente  @s nos@s pequenos, e convertel@s en protagonistas activos da súa aprendizaxe.
Sairon  da nosa Escola Infantil tod@s emocionad@s por ver o que lles deparaba o día.





Centramos a nosa visita na panadería " Javier Viñas". Alí estábannos esperando con ilusión as donas e dependentas. @s nen@s puideron observar e experimentar como se elaboraba o pan, un dos alimentos  principais da nosa dieta alimenticia.
 María, a dona, preparounos a masa, mentres abraiad@s esperaban  ver cando lles tocaba a eles/ elas.


Tíñannos disposta unha mesa á altura dos cativos, e chegou o momento de poñerse " mans á masa". Disfrutaron moitísimo  





Cando remataron de amasar, metéronlles cadanseu boliño no forno para que así puideran levar o seu propio traballo para casa. QUE EMOCIÓN!!!.

Foi toda unha experiencia, Grazas por este día ós donos da panadería. Esperamos poder volver!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario