luns, 21 de marzo de 2016

FESTA "BISESTA"

O pasado 29 de febreiro celebramos na escola a Festa "Bisesta".
Queríamos agradecerlle ao sol que neste 2016 tivesemos un día máis. Toda a xornada centrouse no sol: nas diferentes aulas fixemos un sol ben grandiño  para que lucese moito (pintámolo de cor amarela, recortámolo e enchémolo de pàpeis de xornal que previamente enrugamos), cantamos cancións ao sol e decatámonos que sabiamos moitas... e preparamos tamén unhas coroas cun soliño para cada neno/a.
Para remata-la xornada tivemos un contacontos na aula de psicomotricidade a que asistiron todos os pequenos (bueno, os que estaban espertos,jajaja).






preparando os papeis de xornal para encher o sol

guapos e guapos os nosos pequenos!!!

momento do contacontos

Ningún comentario:

Publicar un comentario