martes, 24 de febreiro de 2015

NOTA INFORMATIVA ( Prestacion por fillos/as menores de tres anos da Xunta de Galicia)


O Concello de Meaño informa de que está aberto o prazo para a recollida e presentación de solicitudes para a prestacion  por fillos/as menores de tres anos da Xunta de Galicia a data de 1 de xaneiro de 2015 (nacidos entre 02/01/2012 e o 01/01/2015, inclusive)

SERÁN BENEFICIARIOS DESTA PRESTACIÓN AQUELAS PERSOAS QUE NON TEÑAN FEITA A DECLARACION DA RENDA DO EXERCICIO 2013. (nin o solicitante nin outro membro da unidade familiar)


Solicitudes novas: Fotocopia do libro de familia, certificado de empadronamento do conxunto da unidade familiar, fotocopia da cartilla de aforros ou certificación bancaria do solicitante, copia do auto xucicial de adopción (se é o caso), resolución xudicial de constitución da tutela (se é o caso) copia da sentenza de nulidade, separación ou divorci(se é o caso), fotocopia do DNI dos pais no caso de non autorizar a súa consulta telemáticamente.

Solicitudes de anteriores beneficiarios: só terá que presentar a solicitude (Anexo I) debidamente cuberta e asinada, no caso de que non houbera cambios na situación familiar e económica e o certificado de convivencia da unidade familiar ou certificación literal de nacemento do rexistro civil.

PRAZO de presentación de solicituudes: 03/02/2015-14/03/2015

Máis información nas oficinas Municipais de Servicios Sociais ou no teléfono: 986 747 585

Servizos Sociais Concello de Meaño

Ningún comentario:

Publicar un comentario