sábado, 21 de febreiro de 2015

A ESCOLA ÉNCHESE DE FLORES!!!!! 1 (Entroido)

Despois de moito pensar, de moito probar, de moito discorrer decidimos disfrazarnos de macetas con flores.
O traballo que tiñamos por diante era moito, pero as ganas e a ilusión eran máis.
Co material na escola fomos diseñando os disfraces, facendo probas e máis probas, buscando as flores máis fermosas, os diseños máis axeitados ...



 




Lusy foi unha das nosas modelos nas probas

Xa era venres e alí estaban todos os pequenos cos seus pantis marróns e os seus xerseis verdes, preparados para vesti-los disfraces...








O plan era saír en desfile (as aulas das lúas e das estrelas) ata a alameda de Dena para que as familias lles puideran sacar fotos, para cantar e divertirnos. O tempo non nos acompañou ese día, "a choiva outra vez", e ó final non puidemos saír.
Non nos importou, a festa sería na escola, todos xuntos. A verdade é que os pequenos e as pequenas estaban preciosos, todo o traballo valeu a pena!!!

Comezamos cos máis pequenos, os bebés da aula dos "Soles"








Mateo era a "macetiña" máis pequena da escola!!


CONTINUARÁ.....







2 comentarios: