mércores, 28 de abril de 2021

Comezo terceiro trimestre na aula das nubes

Prezadas familias, aquí vos vai un breve resumo das cousiñas que fixemos nos inicios deste terceiro trimestre. Como podedes ver, moito cambiamos!!!!!!! Pero sobre todo mellorando na nosa autonomía (na merenda, no control de esfínteres, no espido/vestido, no aseo, etc.). 

Coa chegada dunha das nosas estacións favoritas, experimentamos coas cores, os animais, as flores,... Porque a primavera é un período cheo de alegría, no que podemos aproveitar tamén de mellores condicións para saírmos ó exterior e así poder observar o mundo que nos rodea, que por certo está repleto de cousas abraiantes. 
🌸🌷🌺🌹🌞🌈

Ningún comentario:

Publicar un comentario