mércores, 5 de febreiro de 2020

Visita das familias á Escola



    TALLERES COAS FAMILIAS

     As visitas das familias á Escola estan resultando moi enriquecedoras. Os nenos están moi contentos e nerviosos ante a chegada dos seus pais á clase. Cada un manifesta a súa emoción de xeito diistinto. As educadoras estamos igual de emocionadas coa chegada dos papás á clase, tentamos axudar e tranquilizar ás familias para que todo vaia moi ben. 
        As familias que recibimos ata o de agora realizaron uns talleres moi interesantes. Parece que a experiencia está a gustar a todos. Sorpréndese a veces da actitude dos nenos na clase, e observan como se leva a dinámica diaria da clase

         Durante o mes de Xaneiro recibimos á catro familias:

         Coa nai  de Ángela elaboramos un caracol cunha masilla especial que endurecía co aire



Taller da mamá de Ángela

         Cos pais de Anxo fixemos globofexia e xogamos coas figuras de globos


Taller cos pais de Anxo

          A irmá de Zoila trouxonos ó coello Roqui
O coello Roqui saiu da xaula pero pouco tempo
         Os pais de Anibal elaboraron un circuito psicomotor moi entretido.
Taller cos pais de Anibal

    MOITAS GRAZAS A TODOS POLA COLABORACIÓN!!!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario