xoves, 2 de maio de 2019

Visita ó campo de fútbol das Cachizas

Xa sabemos iso de que "ata o corenta de maio non te quites o saio", pero nas clases das estrelas e das lúas gústanos aproveitar ben os raios de sol que xa se deixaron ver. Por iso fixemos unha pequena saída ao campo de fútbol das Cachizas, aprovisionados de merenda e agua para toda a mañá de xogos.

O mellor de todo é que puidemos xogar coas nosas pelotas de plástico, a pesar de que con tanto vento ¡VOABAN!, e gastamos moitas enerxías indo na súa procura.

Ademais de coñecer esta instalación, recordamos que debemos ir sempre pola beirarrúa cando imos camiñando, por que ter momentos divertidos non quita de estar aprendendo.












Ningún comentario:

Publicar un comentario