mércores, 8 de agosto de 2018

DESPEDIDA!!

Remata o curso e no nome do equipo educativo, queremos agradecerlles ás familias a súa colaboración en tódalas actividades das que os fixemos partícipes,  por confiar en nós e demostrarnos cada ano, que a nosa profesion-a profesion mási fermosa do mundo-  ten moito sentido, que coa colaboración deles, traballando todos a un, o camiño é mais doado.
E sobre todo queremos darlle as GRAZAS AOS NENOS E NENAS por tanto:
por regalarnos os seus sorrisos, abrazos e bicos diarios, polos seus descubrimentos,  por poder acompañalos nos seus pequenos e non tan pequenos logros, e tamén, porque non, polo seu consuelo nalguns días nos que nós tamén o necesitamos: grazas de corazón.

GRAZAS, GRAZAS, GRAZAS!!!!

VOLTAREMOS O VINDEIRO CURSO!!

2 comentarios:

  1. Grazas a vos por todo e sobre todo pola vosa profesionalidade. Apertas fortes.
    Pai de Antía

    ResponderEliminar
  2. Moitas grazas a todo o equipo educativo (Andrea R., Andrea V., Elena, Elva, Helena, Lara e Mila) por innovar ano tras ano, compartir tantas experiencias e actividades tan significativas para @s nos@s peques, por estar aí cando se vos precisa, por facernos chegar esa ilusión polo voso traballo e abrirnos a porta da escola para que as familias sexamos unha parte máis e sobretodo, por acompañar a tódalas crianzas no seu desenvolvemento, nos momentos bos e non tan bos.
    Desfrutade dunhas merecidas vacacións que xa estamos esperando as novidades para o novo curso...

    ResponderEliminar