xoves, 15 de febreiro de 2018

30 DE XANEIRO: ENCHÉMOLO TODO DE COR



Queremos lembrar, de novo, a orixe e os obxectivos de este sinalado día:

O día Escolar da Non-violencia e a Paz foi declarado por primeira vez no ano 1964. Xurde dunha iniciativa pioneira, non gobernamental, independente e voluntaria de Educación non-violencia e Pacificadora do profesor español Llorenç Vidal. O seu obxectivo é a educación en e para a tolerancia, a solidariedade, a concordia, o respecto aos Dereitos Humanos, a non-violencia e a paz. Neste día, os colexios e centros convértense en instrumentos de paz e entendemento entre persoas de distinta formación, raza, cultura e relixión. A mensaxe deste día e:"AMOR UNIVERSAL, NON-VIOLENCIA E PAZ".

Desde o ano 1976, no que foi recoñecido polo Ministerio de Educación e Ciencia, o 30 de xaneiro conmemórase ademais a morte do líder nacional e espiritual da India, o Mahatma Gandhi, asasinado a tiros por un fanático hinduísta.

Na escola Infantil pensamos que o poema de Manuel Garcia Teijeiro "Bolboretas de Papel" reflexaba moi ben o papel dos pequenos e pequenas no que se refire a paz, a non violencia, o entendemento: eles son como as bolboretas do poema e éncheno todo de cores.

Durante algúns días estivemos a traballar o poema, o seu significado, realizando actividades de expresión plástica cos pequenos e, nesta ocasión, pedimos a colaboración de nais e pais (tiñan que recortar bolboretas de cores para facer este gran corazón).

Entre todos enchemos de cores a nosa escola: GRAZAS












Ningún comentario:

Publicar un comentario