O día 12 de Xaneiro celebrouse nas aulas o día de San Valentín, día adicado o amor e a amistade, día especial para explicalo verdadeiro significado destas dúas palabras
Na aula das Lúas fixemos uns corazón con confettis, para mostrarlles @s nos@s pequech@s que o Amor é de tódalas cores.
Cos corazóns bailamos a canción de María Fumaça: "Eu teño algúen no meu corazón", da albume "Xiqui Xoque Fiú Fiú"
Durante a xornada, limos o conto : "UN BESO ANTES DE DESAYUNAR" Raquel Díaz Regera. Lóguez.
Despois agasallámonos os uns os outr@s cunhas pulseiras da amistade, cada un escollía a un AMIGO para facerllela entrega da pulseira,así tod@s tiñamos unha pulseira agasallada por un compañeiro da aula.
Ningún comentario:
Publicar un comentario