luns, 14 de decembro de 2015

NOVEMBRO NA CLASE DAS ESTRELAS

 Xa estamos en decembro? 

Siiiii. xa levamos dous meses de asistencia máis ou menos regular á clase. Os nenos xa coñecen as rutinas claramente, poñer a foto no poster do cole, cantar a canción dos días da semana e mirar ó ceo para ver como está o día. Estupendo. Ademáis desto e de xogar moito imos tratando conceptos como o tamaño "grande ou pequeno", situar os obxectos "arriba ou abaixo", xogamos co "círculo" ou "redondo" e observamos unha chea de cousas "vermellas". 
Estans preparando para a reunión da mañán sentados no tapiz
As reunións non poden ser longas senón nos levantamos e marchamos a outro lado.
Imos a modo, porque non podemos deixar de xogar uns cos outros, estamos a descubrir as posibilidades dos compañeiros que resulta que tamén xogan coma nos e corren,  e saltan, e reurlta moito máis divertido facelo con outros que un só.



O Xogo Heurístico está resultando productivo. Heurístico provén de "eurisko" que significa descubrir. Consiste en ofrecerlle ó neno/a situacións e materiais que potencien e posibiliten a capacidade de descubrir e investigar conceptos novos. Os materiais que se lle ofrecen son materiais comúns , de refugallo, de uso doméstico pero que combinados ofrecen situacións de experimentación autónoma ós nenos. As sesións con este tipo de materiais reslultan moi interesantes. Na clase adaptamos un pouco este tipo de xogo, aínda nos faltan varias cousas, entre elas recoller  os materiais despois de xogar. Xa milloraremos.
Resulta que esta tapa, non encaixa aquí!

Non se me caen!
Están todos concentrados
Leva o bote cargado
O momento dos contos é dos máis entretidos, tanto á hora de escoitalos, como de manipulalos. Entre algún dos contados están  "O Polo Pepe", "A granxa de Pepito", "Garabanciño", "Mamá oca e a lúa", "Quén é ese becho?",..O éxito dos contos está, entre outras cousas, na repetición para que eles o recoñezan  e na liberdade do "contador/ora" para adaptar as letras á situación dos nenos/as.

Estes contos gústannos moito.
"O Polo Pepe" ten un peteiro que come o millo enteiro.




 Os animais son un centro de interese abrumador , para todos. Dende o noso cd saen sonidos de animais diversos e de vez en cando sentámonos ó redor do reproductor e xogamos a adiviñar  a quen escoitamos.
Nos xsabémolos todos
Estamos moi cómodos pero imos moveno as sillas para estar xuntiños
Temos que cambiar de actividade .
Os puzles de animais é unha boa opción
Tamén chegou xa o Nadal ó centro. 
Falamos de todo o que supón, alegria, panxoliñas, decoración navideña e regalos. Pero esto é necesario que se transmita dende os fogares. Alo millor este ano os nenos non entenden moito, pero da  alegría ,  seguro que eles se encargan moi ben en cada casa de repartila e transmitila. Recordade a  súa mirada ante unha árbore de nadal, para celebrar estas festas. (Dentro de pouco haberá algunhas fotos navideñas)
















Ningún comentario:

Publicar un comentario