xoves, 9 de abril de 2015

CHARLA: "COMO MELLORAR O COMPORTAMENTO DOS NOSOS FILL@S"

Onte, mércores, arredor das  20:15 da noitiña, tivo lugar, no propio centro, outra das charlas dirixidas a pais e nais dos nen@s da escola.
Previamente pasamos un cuestionario a tódolas familias para coñecer as súas inquedanzas sobre os temas relacionados coa educacion dos  cativos.
En funcion da informacion recibida, o tema da charla, conducida pola Educadora Familiar do Concello (psicologa) e as mestras e educadoras da escola infantil, xirou en torno aos problemas de comportmento dos pequenos e as estratexias para erradicalos ou reconducilos.
Foron bastantes os pais e nais que acudiron e plantexaron as súas dubidas ou as súas situacións persoais en relacion coa problematica que estabamos a tratar. Resultou unha reunión moi interesante, na que todos tiñamos algo que aportar e compartir. MOITAS GRAZAS pola asistencia!!!


Proximamente publicaremos documentacion sobre o tema tratado.

Ningún comentario:

Publicar un comentario