Hoxe, na escola, quixemos traer a tradición ata a aula: fixemos auga de "San Xoan".
Xunto coas fogueiras que se fan esta noite, a auga de "San Xoan" é unha tradición moi arraigada nas familias do noso entorno.
Recollen herbas aromáticas e flores e bótanllas a auga, que quedará ao rocío para recibir a bendición de San Xoan. A mañá seguinte lavarán a cara toda a familia e especialmente os nenos/as.
A nosa aula trouxemos moitas herbas das que se lle botan a auga tradicionalmente (varían dunhas zonas a outras) e flores. Os pequenos disfrutaron dunha sesión moi "sensorial": uliron, tocaron, miraron, sentiron, cada unha das herbas e flores que aqui tiñamos.
Eles e nós disfrutamos moito facendo a nosa "Auga de San Xoan". Mañán lavaremos as nosas cariñas, cumprindo coa tradición.
"FELIZ NOITE DE SAN XOAN"
 |
| Fiuncho |
 |
| follas de figueira |
 |
| folla de cana |
 |
| Herba de San Xoan |
 |
| Eucalipto |
 |
| Gardenia |
 |
| Herba Luisa |
 |
| Hortensias |
 |
| Malva |
 |
| Rosas silvestres |
 |
| Follas de viña blanca |
 |
| Herba Luisa |
 |
| Lavanda |
 |
| Incienso |
 |
| Maltraste |
 |
| Malva |
 |
| Menta |
 |
| Poenxo |
 |
| Romeu |
 |
| Rosas |
Ningún comentario:
Publicar un comentario